A movida dun sábado noite

JOSÉ CERQUIDES

DEZA

TRIBUNA ABERTA | O |

15 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

POÑOME EN contacto con vostedes para denunciar un feito que me parece lamentable e que aconteceu en Lalín. O sábado pasado decidinme a saír de copas na localidade de Lalín, animado polos comentarios dos compañeiros xa que todos me dicían que existía unha marcha moi guapa, ¿cal foi a miña sorpresa ao chegar alí? Fomos cear nun dos moitos restaurantes que ten a localidade da comarca de Deza e logo animámonos a ir polos diferentes locais de movida do pobo, a nosa sorpresa foi que a eso das doce da noite pensamos que estabamos de vacacións en Colombia, un despregue policial sen precedentes, dez coches da Garda Civil, máis de trinta axentes, e ata cans antidroga. A maneira de proceder dos axentes foia seguinte: Os axentes entraban nos locales da movida lalinense, encendían as luces de limpeza e apagaban a música; logo registraban a todo o mundo, incluso as mulleres, e non deixaban sair a ninguén dos locais, e eu preguntome o seguinte, ¿quen lle vai pagar os locales as pérdidas que lle ocasionaron a cada un deles? Xa que estiveron máis de media hora en cada un coas luces encendidas en hora punta e sen música, temos que ter en conta que a maioría deses locais só abren o sábado e traballan como moito tres horas na noite con xente, ademáis da imaxe lamentable que da ver a calle chea de coches da Garda Civil. Delincuencia Nós somos unha pandilla de seis rapaces e dende logo consideramos que se cometeu un abuso da autoridade a grandes rasgos, ademáis polo que comentaba a malloría da xente que estaba nos locales xa non e a primeira vez que fan este tipo de maniobras por parte da Garda Civil, con afán de protagonismo, porque de outra maneira non se pode entender, ven droga e delincuencia a moreas no pobo de Lalín, ademáis temos entendido que despois de semellante despregue, e de cachear a todo un pobo incautaron dúas chinas de hachís, sí señor, todo un considerable botín. Creo que o que se está facendo coa marcha do pobo de Lalín é totalmente lamentable, e sinto verdadeira pena polos hosteleiros que alí rexentan os seus negocios polas posibles pérdidas económicas que lle supoñen estas accións. Dende logo nós non sairemos máis en Lalín e creo que como sigan así moita xenta fará o mesmo.