RUGBI
07 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.?ocío García Eiras segue a contar coa confianza do seleccionador español, Kepa Ancín, que convocou á xogadora lalinense para o segundo partido de España no Torneo Seis Nacións Feminino. O choque disputaráse este sábado, no Campo Central de la Ciudad Deportiva de Madrid, fronte a unha das favoritas ao título, Inglaterra. Será o segundo partido do Torneo para ambas seleccións. A pasada fin de semana España caeu derrotada 25-5 con Irlanda, nun partido que tamén contou coa presencia de Rocío García Eiras. Victoria do Guerra Por outro lado, o Guerra Lalín, antigo club de García Eiras, disfrutou o pasado sábado dun novo paseo militar na Liga da Primeira División Territorial Galega. A súa víctima foi nesta ocasión o C.R. Ourense, que caeu por un claro 40-5 pesie á pobre actuación do conxunto local. Xogaron polo Guerra Lalín: Muíños, Otero (1 ensaio), Andorrano, Monti, Miluco (3), Collós, Pitillo, Folla, Julito, Capone, Pachi (1), Fabián (1), Maraguay, Cachorro (1) e Cadahía -quince titular-; Trompas, Abreu, Rubén, Hómer e Chento. O equipo dezao completará esta fin de semana a súa participación na Liga disputando o seu partido co Muralla A, aprazado hai doce días por mor do temporal de neve que azotou Galicia. O Guerra ten todo na súa man para completar o campionato regular cun pleno de victorias antes de encarar a promoción de ascenso á Primeira Nacional.