Aspamite

CARLOS LOUREIRO, PACO LAREO E XOSÉ LUNA

DEZA

TRIBUNA LIBRE | O |

25 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

HOXE DÁMOSLLE a benvida á República das Nosas Letras a un libro imprescindible, marabilloso, amoroso¿ Nós , un libro singular e atreveríamonos a subliñar que único. Se vos mergullades nas súas historias mil bágoas percorrerán de vagariño o infindo Mar azul da vosa alma; se vos precipitades nas agarimosas augas das súas páxinas ficaredes por sempre enchoupados de tenrura, de solidariedade e dese ben tan prezado e tan escaso, o afecto, o cariño, o amor¿ e é que, por riba de todo, este libriño é un océano de amor. Son historias reais como a Vida mesma, por iso, quizais, son tan máxicas; xa o dicía o mago Cunqueiro, non vos hai nada máis máxico que a realidade. E a realidade destas historias fala de superación, de respecto, de tolerancia, de igualdade, de dignidade¿ fala da loita diaria, desa outra Operación Triunfo, a dos mozos e mozas que se erguen todas as mañáns, collen o autobús e veñen ao centro da Asociación de Pais de Minusválidos de Teo, Aspamite, unha estrela que escintila no ceo de Galiza. En Aspamite loitan paso a paso por camiñar, por ler; fan teatro, baile, cestas, encadernan libros¿ aquí comen, beben, rin e choran¿ en Aspamite gozan do mellor que ten a vida, Vivir. Se a vida fose unha Operación Triunfo, eles, a xente de Aspamite, serían pola súa loita diaria, os auténticos triunfadores. Pero aínda hai máis, as historias das que vos estamos a falar foron ensoñadas polo mellor do noso futuro, rapaces e rapazas dos colexios e institutos da nosa Terra que acadaron o máis difícil de conquerir na literatura (e na vida), a autenticidade, o ser eles mesmos, e facer un oco para pensar nos demais. Os autores destas historias foron quen de escribir mollando o seu bolígrafo na tinta roxa do corazón. Por iso queremos felicitar a todos os premiados nos certames (2003-04-05) e sobre todo dar os parabéns aos pais e nais da Asociación de Minusválidos de Teo, á súa directiva e á súa Presidenta, Mercedes García e agradecerlle esa lección impagable de amor que nos dan todos os días. Nós, entrementres, agardamos ansiosos que as autoridades competentes -tal e como se comprometeron-, poñan as condicións necesarias para ver cumprido o soño de Aspamite, ter un centro digno que asegure o futuro destes mozos e mozas.