De xeques e himes

ROCHI

DEZA

A BALADA DO CANDÁN | O |

15 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

PARECE SER que a última moda en matrimonios é a que practican moitos xeques árabes que contraen matrimonio temporal e, como dote, pagan a reconstrucción do hime. Son tempos, no Islam, de novas Celestinas, polo que se ve. Tempos de mulleres «recauchutadas». Esto, evidentemente, está permitido nunha relixión que, por moito que queira facer crer algún experto na relixión islámica en sentido contrario, subxuga a muller ata extremos verdadeiramente indignates. Non doutro xeito se pode entender que a esposa poida ser considerada materia de mercado -aínda que nas culturas antigas, o matrimonio era precisamente unha caste de negocio, máis ca asunto de amor-, e que, unha vez convincentemente «recauchutada», poida estar novamente no mercado do matrimonio para ser casada de novo e, aun tempo, coma nova. É unha mostra máis, esta se se quere menos danina ou perversa, xunto coa máis triste da ablación, de que as relixións non avantan paralelas á evolución ética da humanidade civilizada, e considero que esto serve de contrapunto, xa que non creo que unha sociedade que permita o que estamos a tratar poida ser calificada de civilizada en sentido estricto. Ou alomenos, entendo a civilización cunha carga de dereitos esenciais que aquí se negan de raíz. Con todo, hai mulleres que apoian o Islamismo ou outras relixións nas que están sometidas. Eu non logro entender ditas posturas, pero existen. Dicía Víctor Hugo que a tolerancia é a mellor relixión, pero por máis que busco, vexo poucas que sexan de verdade tolerantes. Xa Schopenhauer adiantou que a maioría das relixións eran unha especie de domesticación, conquerida polo exemplo, polo hábito, e a forza de inculcar ás persoas desde a súa máis tenra idade certas nocions antes de que a experiencia, o entedemento e o xuízo puideran impedir os seus efectos. Por este medio podemos inculcar con igual facilidade o verdadeiro e racional có falso e absurdo. Así, segundo o filósofo, se explican as cruzadas, as extravagancias das sectas fanáticas, as persecucións, os autos de fe e todo aquelo de que vemos exemplo no interminable catálogo das loucuras humanas. Esta é unha extravagancia máis, pero non ha ser a última, nin a máis perigosa, por desgracia. Rochi@terra.es