Os concellos din que o dispositivo contraincendios «é suficiente»

La Voz

DEZA

11 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O dispositivo para a prevención dos incendios forestais nas comarcas do Deza e Tabeirós «é suficiente». Esta é a opinión que manteñen os distintos concellos, á que engaden que, na zona, os lumes non son moi numerosos. Así, o Concello de Cerdedo afirma que «nunca xorden problemas, e de xurdiren contamos coa axuda de Forcarei. O noso retén tamén vai axudar alí». O maior problema chega cando se produce máis dun incendio á vez. Xeralmente «as brigadas tardan en aparecer porque están noutro incendio». Dende o Concello de Lalín indícase que, aínda que en principio os medios dos que dispoñen non son escasos, «sempre xorden problemas. As previsións fanse para apagar dous incendios á vez, non catorce». A isto hai que engadir que nesta zona non hai moitos incendios no verán (hai máis na primavera e no inverno cando o tempo é bo). Sen embargo, no verán o lume é máis perigoso, tanto para as persoas coma para o medio ambiente.