Fondevila conquista Dinamarca coa súa obra

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

En dos minutos | Seis cidades en cinco meses A exposición itinerante comezará en Copenhague a mediados do mes de agosto

25 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O artista silledense José Antonio Fondevila está a pasar por un momento doce; tanto dende o punto de vista creativo como expositivo. É máis, confesa tímidamente que non posúe obra suficiente para poder chegar a moitos rincóns onde quixera. Agora, entre máns un proxecto fermoso en Dinamarca que xurde por casualidade pero tamén froito do traballo feito con rigurosidade e tesón ao longo dos anos. En Barcelona participou nunha exposición con outros artistas e a súa creatividade espertou interese, interese dunha galería que lle propuxo levar os seus cadros a Dinamarca. Alí, nas instalacións de Kulturstaldene celebrarase o bicentenario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, dende o 17 de agosto, e de xeito paralelo arrancará esta mostra itinerante de arte Fairy Fair 2005 que coordinará Crisolart Galleries, de Barcelona e o simposio de escultura. Unha mostra que percorrerá seis cidades e á que se unirán actividades paralelas nos ámbitos do teatro, danza, performances, concertos, contadores de contos e obradoiros infantis. Do 17 ao 4 de setembro a exposición estará aberta ao público en Copenhague e, de seguido, trasladarase a Vordinborg (do 6 ao 20 de setembro), Esbjerg (do 23 de setembro ao 4 de outubro), Ribe Amt (do 7 de outubro ao 6 de novembro) e Alborg onde permanecerá dende o 9 e ata o 29 de novembro. As dúas últimas citas expositivas serán na cidade de Herming, do 2 ao 15 de decembro, para rematar a xira en Copenhague onde se celebrará o 18 de decembro unha subhasta en Raahuset. Unha exposición itinerante na que os artistas coas súas creacións tentarán achegarlle ao público a vida e obra do escritor danés Andersen.