RECANTO | O |
16 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.17 DE MAIO do 2005: Día das Letras Galegas. As mesmas letras que configuran no mundo tantos e tantos idiomas; para expresarse, e non sempre, en bo entendemento, as persoas. As mesmas letras que forman as verbas amor e paz. As mesmas letras que tantos e tantos poetas anónimos empregan para expresarse, tentando levar adiante os seus ideais máis profundos. A vós, queridos xornalistas, que tanto facedes uso destas letras, pídovos o maior respeto para elas, e que a vosa persoa, como profesionais, se realice na maior utilización e mellor expresión das nosas letras. A tí, querido leutor, que día a día fas realidade, que a ilusión e os soños, de tantos e tantos poetas anónimos, poidan seguir traballando cada vez máis, no seu ben facer do espallamento das nosas letras, dandonos cada un deles o mellor que teñen de si. Que nunca perdades os folgos, queridos amigos, ánimo e seguide traballando a reo. ¡Feliz cumpleanos!.