O Guerra Lalín cae en Vigo por 48-0 na semifinal da Copa Xunta

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

O Guerra Lalín caeu onte na súa visita ao terreo do Universidade de Vigo por 48-0 no encontro correspondente ás semifinais da Copa Xunta. O conxunto lalinense, que viaxou cos quince xogadores xustos non foi quen de plantarlle cara ao conxunto da División de Honra. A lesión de Perucho a principios da segunda metade deixou ao Guerra cun xogador menos.