Arredor de 40 rapaces e rapazas lalinenses aprenden no Clube Tenis Avantaxe de Lalín as claves e segredos do mundo da raqueta
06 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.? tenis lalinense ten garantidas as futuras promesas gracias ó Clube de Tenis Avantaxe. A entidade, que comezou a súa andaina no 1998, leva dende esta data achegando a pequenos e maiores o mundo da raqueta. Arredor de 40 rapaces repartidos en diferentes categorías compoñen a canteira do Tenis Avantaxe, unha entidade que día a día ve como a calidade dos seus pequenos «Nadal» medra. Jaime, Pancho e Marta son os monitores encargados de iniciar ós nenos da comarca de Deza nas claves do tenis. «Cos máis pequenos o que tentamos sobre todo é inicialos a través de cursos para que coñezan un pouco o deporte e se interesen por el», comenta Jaime. Un segundo nivel de entrenamento sería o enfocado a competición. Varias horas de práctica semanal permiten a xente como Iris González e Santi García participar en campionatos de Galicia e tomar contacto cos torneos. A diversión e a crecente interese polo mundo do tenis plásmase nas licencias federativas solicitadas polos máis pequenos. Nove alevíns e outros tantos cadetes do Tenis Avantaxe contan coa acreditación da Federación, e varios deles participan en torneos oficiais. Amáis da participación en distintas probas galegas, a Liga de Minitenis do Avantaxe permite a 15 dos nenos desputar encontros e entrar en contacto coa dinámica da competición.