O Estradense dá un importante paso cara o regreso á Rexional Preferente

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo A ESTRADA / LALÍN

DEZA

Dous goles de Simal e de Toni serven para amarrar 3 puntos e o «goal average» co Marín Iago abandonará o equipo vermellón a finais de mes para irse a estudiar a Londres

21 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?un partido vibrante e de calidade inusual para a Primeira Rexional, o Estradense conseguíu o domingo ante o Marín unha victoria que vale o seu peso en ouro: 2-1. Ante o ata entón segundo clasificado, os homes de Eduardo Carregal sumaron os 3 puntos en xogo máis o goal average particular (na primeira volta empataran a uns), nunha xornada na que o Rápido de Bouzas recuperou o papel de principal perseguidor do Estradense co seu triunfo sobre o Pontevedra B por 1-0. O equipo local levou na Baiuca o peso do partido durante a primeira parte, chegando con perigo á área rival, sobre todo a través das bandas. Froito deste dominio foi o tanto de Simal, mediante un espléndido cabezazo nun saque de córner no minuto 9. Sabedor do moito que se xogaba, o Marín botou o resto tralo descanso, impoñendo o seu fútbol nos 20 primeiros minutos. Neles asinou o empate, da man de Diego Álvarez. O gol fixo reaccionar os pupilos de Carregal, que recuperaron o seu xogo da primeira metade. Toni, nunha gran xogada persoal iniciada no mediocampo, sentenciou o choque a pouco de cumprirse o tempo regulamentado. Xogaron polo conxunto local Casca, Chenel, Toni, Simal, Guti, Iago, Vicente (Torres, que debutou no minuto 71), Uzal (Rivas, min 71), Unai, Diego e Javicho. Por desgracia, non todo foron boas novas para o Estradense. Iago disputará esta semana o seu derradeiro partido co equipo vermellón. O xogador recibíu unha bolsa para ir estudiar inglés a Londres, o que lle obriga a abandonar o plantel. Deste xeito, Carregal quédase con só 19 efectivos.