Entrevista | Xeromo Estévez Agrofoxo ARTISTA No Centro Comarcal de Deza exhibe, ata o 18 de abril, unha trintena de pezas de papel
19 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Comezou interesándose pola papiroflexia lendo un libro e na escola algo vira ao respecto. Agora leva quince anos imaxinando, debuxando e creando pezas de papel. Algunhas delas poden verse estes días en Expodeza. -Despois de quince anos de traballo, ¿queda moito por descubrir? -No mundo da papiroflexia nunca deixas de aprender. Actualmente estou desexando facer pezas propias porque isto é un oficio e é o que eu escollín e no que todos os días xurden cousas novas. A papiroflexia evolucionou moitísimo nestes últimos anos e o campo de traballo que existe neste eido é infinito. Hai unha ampliación que era impensable fai anos. -¿Que tipo de pezas fai? -Teño de todos os tipos. Nesta exposición presento bruxas, animais, dinosaurios e mesmo persoaxes de comics, de pequenas dimensións e por suposto son todas de papel. -Pero fixo unha peza de dezasete metros de largo... -Así é. Chamou bastante a atención alí onde estivo exposta, que foi en Santiago, e tiña case oito metros de alto. Era un Tyranosaurius Rex no que empreguei dúas mil horas de traballo e moitos pliegos de papel. Creo que foron máis de vinte de dimensións de máis de cinco metros.