? Estradense debe enfrontarse esta tarde (A Baiuca, 16.00 horas) con tres importantes baixas fronte ao Reboreda, oitavo clasificado. As xa agardadas de Simal, en proceso de recuperación, Unai, sancionado, e a de Chenel, que despois dunha longa convalecencia por un problema nun xeonllo, sufríu un esguince nun nocelo no adestramento do xoves que o manterá no dique seco outros quince días máis. Os problemas físicos que aqueixan a unha parte importante do plantel bermellón levaron a Eduardo Carregal a convocar para hoxe os 17 homes restantes, dos que hoxe mesmo fará un descarte minutos antes do partido. Javicho, ao Mirandés Por outro lado, o estradense Javicho fichou esta semana polo Mirandés, equipo burgalés de Segunda B do Grupo 2 que agora mesmo figura penúltimo da táboa. Tras conseguir a baixa no seu ata agora equipo, o Cerceda, Javicho marchou a unha nova praza na que conta con parte da súa familia.