13 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.
?porting Estrada e Callobre pecharon a primeira volta da Liga Galega Xuvenil perdendo co Colexiata (1-0) e co Victoria (4-2). Resultados en ambos casos do máis enganosos, ao merecer os dous conxuntos estradenses cando menos o empate. O Sporting recibíu no minuto 6 o único tanto do partido, un deses lanzamentos desde a liña de tres cuartos dos que soen entrar un de cada cen. Tras unha primeira parte mala por parte de ambos contendentes, os rapaces de Pitu acurralaron o Colexiata no seu campo dispondo de varias opcións para igualar o marcador. O Callobre, pola súa parte, caeu presa dos seus erros defensivos e da falta de acerto nas súas numerosísimas opcións de gol. Matías marcou os dous tantos (0-1, min 8, e 4-2, min 86).