Gran paso do Portadeza en Santander

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

Os de Couso foron os señores nos 20 primeiros minutos, pero o Sinfín forzou un final de infarto Nos últimos segundos Josiño e Pincho desfixeron o empate ante un rival que nunca foi por diante

27 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? Portadeza Lalín acabou sufrindo para conseguir en Santander un valiosísimo triunfo na cancha dun dos seus rivais directos polos postos de promoción, o Adelma Sinfín. Dous tantos de Josiño e de Pincho no último minuto do partido estrela da xornada de Primeira Nacional desfixeron o empate a 27, dándolles os 2 puntos en xogo aos roxinegros. Por sorte Sergio Bárcena, pesadelo da defensa galega con 11 tantos ao término do encontro, non acertou a igualar a 28. Os homes de Xosé Couso sorprendéronse así mesmos cun brutal parcial de inicio, 0-5, ampliado a 4-11 preto do minuto 10. Foi esta a máxima vantaxe do choque, amparada nunha sólida defensa e unha rápida saída ao contraataque. Incomprensiblemente, o Sinfín, que nunca se puxo por diante no electrónico, endosoulle ao Portadeza un 3-0 en inferioridade cando ía perdendo de 6 tantos. A partir do minuto 20 os santanderinos probáronse como o gran plantel que é cunha remontada que culminou co 23-23 a 10 minutos do final. Por sorte, os de Lalín souberon xogar mellor as súas bazas nun final apretado cá ante o Bueu, gañando na estrea de Antío, na pista por Nuhanovic pouco despois do descanso.