Competición sanciona a Juáncar con catro partidos de suspensión

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo A ESTRADA

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

Anxo e Javi contan desde onte con ficha para xogar co Enredo

21 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Tal e como se temía, o Comité de Competición da Federación Española de Fútbol Sala impúxolle onte unha forte sanción a Juáncar. O peche do Enredo foi castigado con catro xornadas de suspensión polo cabezazo que o pasado sábado lle propinou a un xogador rival durante a disputa do Enredo-Atlético Benavente no Coto Ferreiro. Na acta do Comité especifícase que a sanción resposta a unha «agresión a un contrario sin balón». Acción que ademais inclúe unha multa de 40 euros para o club estradense. O presidente da xestora, Pepito, criticou onte o criterio federativo nos seus castigos. E é que non entende como «a Juáncar lle caen os mesmos partidos cá Álex, cando a este o sancionaron por revolverse tras recibir unha forte entrada». Laméntase así o directivo máis pola penitencia do ala, que considera excesiva, cá pola do peche, protagonista dunha acción sen atenuantes aparentes. A penas unhas horas despois de coñecer o fallo de Competición, a xestora do Enredo tramitou as fichas de Anxo, porteiro de 19 anos procedente do Porto Celeiro, e mais de Javi García, que cos seus 24 anos chega coa Liga Local de Santiago como principal referencia no seu currículo deportivo. Ambos están en condicións de debutar mañá na visita ao colista da Liga, o Cistierna de León, e permitirlle ao Enredo completar o mínimo obrigatorio de fichas.