O Estradense, a seguir na boa liña

La Voz

DEZA

02 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? afición do Estradense acode esta tarde (17.00 horas) ao campo da Baiuca coa esperanza de disfrutar do gran fútbol desplegado polo seu equipo a semana pasada en Vilagarcía (0-3 ao San Martín). O adestrador local, Eduardo Carregal, tamén confía en que os seus homes manteñan a liña ascendente da súa última actuación, neste caso fronte ao Chapela, terceiro equipo pola cola da clasificación con 4 puntos. Rafa, por lesión, Eneko, por motivos persoais e Berchi, descartado (hoxe xoga co Sporting Estrada) son as baixas de Carregal, quen ademais deberá prescindir doutro home tras convocar a 17 xogadores. Simal, con molestias nun nocelo, ou José Ramón, algo falto de forma tras saír da súa lesión, son os dous candidatos a quedarse nas bancadas da Baiuca. Carregal advirtíu do perigo do fútbol directo practicado polo Chapela. Mais tamén é optimista e confía que as grandes dimensións do campo estradense e a calidade dos seus homes no manexo do balón anulen a base do xogo rival. As accións a balón parado son, a priori, o principal argumento ofensivo dos visitantes.