Crónica | Peticións dunha recente artista Os representantes da cantante fixeron practicamente imposible calquera achegamento de seguidores e medios
21 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Once toallas de lavabo, tres de elas vermellas, tres sillas da mesma cor que xa traía o seu equipo, o chan de moqueta, un camerino para oito persoas, e tres rosas, tamén vermellas, que acostuma a subirlle ó escenario a filla do alcalde do pobo de turno, rodearon a Chenoa nunha noite con escaso público, a pesar da entrega -no escenario- da diva. Como as xiras son longas e poden causar morriña, a cantante, xurdida nas filas dun programa de televisión, fixo algún que outro requerimento á organización. Un par de kilos de froitos secos, froita, dúas caixas de auga mineral, unha botella de viño, doce cervexas e refrescos light e enerxéticos inundaron o camerino da que algúns calificaron como «diva», e onde amáis dela, estaba, entre outros seu irmán, encargado das relacións cos medios, e que restrinxiu ó máximo o encontro cos xornalistas. Amáis das arredor de 30 persoas que a acompañan na xira, os 18 traballadores de Lalín, e a persoa que, según fontes, se encarga de pelarlle a froita, foron moi poucos os afortunados que conseguiron acceder á diva antes de dar por finalizado o seu traballo e trasladarse ó pazo de Bendoiro.