Un mundo de feirantes

DEZA

O SOL | O |

17 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

DARSE UNHA VOLTA polo campo da feira vello de Lalín e arredores é case case un exercicio cultural. Pódeste atopar todo tipo de obxectos vendidos por persoas chegadas de todas partes. É como se foras ó pretencioso «Forum» de Maragall, pero sen sair da casa nin ter que pagar unha pasta pola entrada. Pode que os aparellos que se venden nos postos de Lalín non leven a etiqueta de «comercio xusto», pero dende logo, sí se poden atopar todo tipo de obxectos chegados ata dos máis apartados recunchos do mundo. Ás xa case tradicionais chaquetas e xerseis peruanos, pódenselle engadir novas modas, como as máscaras e obxectos trivais, e outros aparellos pouco prácticos pero cargados de orixinalidade. Do mundillo gastronómico, hai de todo, dende opcións «made in o reino de Bush» ata as clásicas améndoas ou o colorido algodón de azucre. Todas unhas delicias para o padal. Para os que prefiren moverse, sen ser ó ritmo das orquestras, saltamontes, dragóns e demásis fauna salvaxe ofrecen saltos e movementos varios a cambio duns cantos euro. Os fans de Fernando Alonso poderán optar polos míticos, clásicos e perpetuos coches de choque, deses que fan que case saias con moratóns se te pilla curzado o conductor veciño. Bolsos, reloxos, aneis e demáis bisutería completan o abano de opcións que rixe, como en todas as celebracións, as festas de Lalín. Agora tan só falta que o tempo acompañe para que a festa e o bo humor reine. Por certo, non se esquezan de darse un paseiño polas orquestas de vez en cando, que a música ó aire libre, aínda que sexa apelotonados, é do mellor que hai.