Depresión

DEZA

NA ÚLTIMA | O |

11 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

UN CATIVO fillo duns amigos tiña por costume escapar dos pais e porse de rodillas con pinta de estar pedindo limosna nas portas dos centros comerciais nos que estes estaban comprando. Cada vez que desaparecía, corrían horrorizados cara a entrada do estabrecemento, máis pola vergonza de recollelo entre miradas censuradoras que por que o asunto lles provocara algún problema maior. Aínda cando se trata dunha broma, episiodios como aquel teñen outras consecuencias en países con maior concienciación social. Ante as dúbidas de que os recén nacidos poidan vivir nun entorno pouco favorable, os servicios sociais daneses ou suecos acuden aos fogares para comprobalo. O exame é tan minucioso que se chega a medir a cuna para comprobar se o neno terá o espacio estipulado para moberse. O mesmo pasa cando un rapaz se mete en problemas. Se o atopa a policía bébedo, a familia deberá pasar polo ollo escrutador dos servicios sociais. Visto o aumento da mendicidade infantil en Pontevedra, as cousas por aquí andan a anos luz. Claro que non é tan raro. Mentres a maiorías das casas benben a auga que chega ao grifo directametne dende o pozo da finca, en Inglaterra andan preocupados porque a rede de suministro deles está chea de Prozac. Como para deprimirse coa comparación.