O SOL | O |
06 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.SE HAI ALGO que non se lle pode negar ós veciños de Tabeirós e Montes é que ,se non o teñen, están preto de acadar o segredo da vida eterna. Cada poucas semanas atopámonos nos xornais reseñas a novos centenarios. Non sei exactamente o que fan, pero a lonxevidade dos veciños da comarca é incontestable. Por aí dise que o segredo para vivir moitos anos está en levar unha vida sana. Xa saben, comer productos naturais, fuxir de existencias estresantes e escapar de tabaco e alcohol coma do demo. Eu, a verdade, é que non sei qué dicir a todo iso. A meirande parte dos anciáns de agora, e dos que xa se foron, non puxeron trabas a comidas «pouco saudables», beberon augardente dende pequenos e non quitaron o pitillo da boca ata que non lles quedou outra. Con todos estes antecedentes, hai que plantexarse cal é realmente o segredo para os 100. Poida que agora a esperanza de vida se prolongue gracias ó avance da ciencia, pero, sen dúbida, a lonxevidade dos veciños da Terra de Montes, non ven precisamente da man de aparellos e menciñas. Eles firmaron un pacto coa Natureza.