Vodas, bautizos e comuñóns

DEZA

O SOL | O |

14 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTAMOS EN pleno xullo, e un sinónimo deste mes son as vodas, os bautizos, as comuñóns e demáis enchentas festivas con cerimonia polo medio. Cal epidemia, coa chegada dos meses cálidos, as igrexas énchense de parellas e individuos ávidos de pasar a ser cristians, ou casados. As floristerías quédanse sen rosas brancas, os supermercados esgotan as existencias de arroz, e as monxas de Santa Clara xuntan provisións para unha boa tempada. Dispáranse as ventas de insulsos bonecos de noivos, noivas e nenos de comuñón, e as tendas de detalles fan o seu agosto, nunca mellor dito, vendendo cachivaches que días despois pasarán a formar parte da caixa dos obxectos inservibles. Quizáis os mellor parados de todo isto, a parte dos felices contraíntes, do simpático mariñeiro, ou do recén nacido, sexan os restaurantes. Marisco a rebosar, ríos de cava, comida a fartar, e suculentos recibos a pagar. En fin, que non decaia.