«O rodeo americano estilo Lalín segue a ser o que máis divirte aos asistentes»

La Voz

DEZA

A Feira do Cabalo de Lalín contará tamén este ano con doma vaqueira. Un espectáculo que correrá a cargo do campeón de Europa Isidro Pérez González e María Lourdes Benito, medalla de prata de Castela e León. A cita será mañán dende as seis da tarde. «Unha feira na que non pode faltar o rodeo americano estilo Lalín que segue a ser ao que máis divirte aos asistentes. Manteremos tamén o sorteo do potro de puraza raza española, ás sete da tarde, e faremos entrega dos premios nesta sección. O primeiro será de 120 euros, o segundo de 100, terceiro de 90 e cuarto de 60 euros». A organización do evento agasallará con 400 euros ao mellor gandeiro e ao mellor presentador. Recibirán premios especiais, entre outros, a campiona e subcampiona de raza, o campeón xove e adulto de mellores movementos, campeóns de funcionalidade e mellor cobra.