«Defensa fletará un avión para poder asistir á homenaxe en Turquía»

La Voz

DEZA

19 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O vindeiro 26 de maio cúmprese un ano do accidente aéreo e, con tal motivo, prográmanse unha serie de homenaxes na lembranza das víctimas. «Os ministros de Defensa de España e Turquía teñen previsto para ese día organizar un acto ao que estamos convidados os familiares e para o que se fletará un avión. No noso caso, acudirá miña nai e dous irmáns meus, sempre e cando poidan ir. Logo, con motivo do Día das Forzas Armadas, en Almería, instalarase unha carpa con paneis informativos sobre o traballo e a figura de cada un dos 62 militares. Todo iso irá acompañado de fotos e de vídeos explicativos das misións nas que participaron ao longo da súa traxectoria profesional. Temos previsto tamén homenaxear a Vicente en Lalín pero non agora. Con tantos problemas que temos agora, haberá que agardar alá para o mes de xullo».