O C.C. Estradense compite no Porriño no Open Caixanova

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

19 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? Club Ciclista Estradense-Hierros Diego competirá mañá na oitava e antepenúltima proba do Open Caixanova de Ciclocross, que se celebrará no Porriño sobre un circuito de 1,7 quilómetros. O equipo estradense irá á cita con tres importantes baixas: Lucas Freire, Juan Pintor e Juan Mourón. Unha lesión no nervio ciático é a causa da ausencia deste último, que perderá así case con toda seguridade a súa condición de segundo clasificado en categoría sub 23, con Carlos Bao (Frisonoble) pisándolle os talóns.