O Guerra mídese en Valladolid a un dos favoritos ó título

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo LALÍN

DEZA

O «Inglés» viaxa coas baixas de Santi Castro, Cachorro, Folla e Ángel O rival xoga moi agrupado e foxe dos balóns longos para acaparar a posesión do coiro

21 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O Guerra Lalín pon a proba esta tarde (16.30 horas) en Valladolid ó Centransa Salvador, un dos aspirantes ó título da Primeira División Nacional de Rugbi. Unha misión harto difícil, segundo o adestrador abellón, o Inglés . Este radiografaba onte o cadro pucelano sinalando que «juega mucho con la tercera línea, muy cerca de las touchs y las melés, muy agrupado. No emplea nunca balones largos porque busca la máxima posesión posible del cuero, desgastando al equipo, de ahí que sus partidos suelan terminar con resultados cortos». Para o Inglés as condicións climatolóxicas tórnanse neste caso factor clave no partido. E é que «si llueve y hace viento el Centransa tiene mucho ganado. Nosotros intentaremos cortar su juego con balones largos, pero si el tiempo es adverso nos será casi imposible hacerlo». Como vén sendo habitual, o preparador abellón deberá encarar o choque con numerosas baixas. Onte eran seguras as de Santi Castro, Cachorro, Folla e Ángel, todos eles lesionados, polo que o Inglés deberá botar man do filial. Aproveitando que o Centransa conta cun equipo benxamín, os máis pequenos do Guerra disputarán un partido contra aqueles antes do encontro de Primeira Nacional. O cadro feminino abellón desprázase esta tarde a Ourense para medirse ó seu gran rival pola terceira praza da táboa, e os xuvenís debutan na Liga na Coruña fronte ó Zalaeta.