31 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.
? ximnasio do Pavillón Municipal de Lalín acolle esta mañá, a partir das 11,30 horas, o partido de Segunda División Nacional entre o Tenis de Mesa Lalín e o Gijón. A priori, un compromiso asequible para o cadro local, tendo en conta que enfronte ten a un dos dous únicos equipos do seu grupo con cero puntos. Pola súa parte, o C.T.M. Lalín B de Primeira División Galega xoga pola tarde, no mesmo escenario, contra os dous conxuntos de Monte Porreiro. Un deles, o líder do seu grupo con tres victorias de tres posibles.