O CRISOL | O |
01 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.VOLTOU SETEMBRO. Case non fai falla nin mirar o calendario para decatarse de que cambiamos de mes e de que o outono está á volta da esquina. En cuestión de horas aquelo que chamabamos verán esfúmase e de súpeto atopámonos fronte a fronte co outono. É o momento de facer promesas do estilo deixar de fumar, apuntarse ó ximnasio, e todas esas frases vacías. Voltou setembro, e no televisor non falan máis que dunha cousa chamada síndrome postvacacional, para o que dan un montón de remedios. Os informativos contan por decenas os falecidos na operación retorno, e ofrecen xa imaxes retrospectivas das praias cheas no verán. Os privilexiados que estiveron de vacacións néganse a aceptar a volta ó traballo, e a extraña raza que sempre vé o vaso medio cheo empéñase en afirmar que xa queda un día menos para as vacacións do ano que ven. Voltou setembro, e con el as grellas televisivas coas caras de sempre. Volven a soar as mesmas sintonías que oiamos nos meses de inverno. A Campos e a Quintana retoman a loita polas audiencias e os debuxos animados reléganse ó fin de semana. Todo segue igual. Voltou setembro, e con el os grandes centros comerciais reanudan a súa campaña mortífera de anuncios a ritmo de volver a empezar... volver a estrenar... A cara de felicidade dos nenos do anuncio posiblemente contrasta coa dos pais cando se enfrontan ós prezos dos uniformes, libros, cadernos,... é como a antesala á costa de xaneiro. Volven as clases e as sirenas que apuran ós máis preguiceiros. Regresan os choros dos pequerrechos no primeiro día de escola e as prisas dos maiores ós que lles tocou pandar con algunha materia. En fin, voltou setembro.