Cando o tempo non se detén

DEZA

O CRISOL | O |

21 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AÍNDA LEMBRO cando de pequena escoitaba a Lina Morgan pola televisión dicir aquelo de que tiña taitantos . Eu aínda non sei exactamente a canto ven equivalendo iso de taitantos , pero supoño que o descubrirei dentro duns aniños. De pequenos todos queremos medrar, e cando medramos todos queremos volver atrás no tempo, máis que no tempo, nos anos. Cumplir anos ten un lado positivo e outro negativo. O bó é que significa que corren os días para diante, que segues no planeta, que non te esfumaches. O malo é que cada día que pasa alónxaste máis do teu principio e achégaste máis ó teu final. E, sendo un pouco menos trascendentais, implica tamén que tes máis patas desas de galo, non sei se dos de Vila de Cruces ou de Singapour, pero desas tes máis. Ademáis, co paso do tempo tes que asumir máis desas que chaman responsabilidades, aínda que algúns non experimentan esa sensación nunca. O dos anos supoño que ven sendo algo co que nunca estamos agusto. Por activa ou por pasiva, sempre tes os que non che gustaría. Se tés vinte queres ter trinta porque senón George Clooney faiseche moi vello. Se tés trinta prefires ter vinte porque o de entrar na treintena faiseche moi duro, sobre todo porque ó pasar de treinta e nove teño entendido que che chaman cuarentón, e que a iso ven asociado unha tal depresión dos corenta. ¡Que pérdida de tempo! Será mellor que tomemos outro camiño. Hoxe é o primeiro día do resto da túa vida, non o tires pola borda. Iso deberían de ensinárnolo no colexio e explicarnos que iso do carpe diem é algo máis que unha frase feita que todos lembramos aínda que pasen os anos.