O C.N. Lalín pecha unha gran campaña

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

Os deportistas, socios e directivos que conforman o Club Natación Lalín déronse cita o pasado domingo pola mañá na piscina municipal para celebrar o final de tempada. Fixérono cunha competición interna que se prolongou ata o mediodía, e na que por primeira vez participaron os alumnos da escola. Ademais, a entidade sorteou entre os seus socios e colaboradores unha fin de semana a unha casa de turismo rural, doada por Viajes Deza. A tenda Lalín Fruit foi a agraciada co premio nesta ocasión. Ó rematar a competición interna, os integrantes do clube foron á praia fluvial de Vilatuxe a disfrutar dunha agradable tarde. Era este o broche a unha gran campaña, na que un ano máis se constatou a traxectoria ascendente do C.N. Lalín, baseada na súa rigurosa planificación.