Alberto Taboada queda en Valencia a un segundo escaso da medalla de bronce nos 400 metros estilo

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

Tres de tres. O nadador do C.N. Lalín Alberto Taboada puxo fin o domingo á súa participación no Campionato de España Infantil de Valencia cun cuarto posto nos 400 metros estilos. O mesmo que acadara o xoves e venres nos 200 metros costas e nos 200 braza, respectivamente. Iso si, nos 400 estilo a medalla de bronce estivo moito máis preto das súas mans. Alberto batíu por dúas veces a súa mellor marca, con 4 minutos, 52 segundos e 90 centésimas nas eliminatorias da xornada de mañá, e 4.50.10 na gran final. En ambas ocasións rematou a un segundo de distancia do terceiro clasificado. A victoria foi, pola súa parte, para o canario do Metropol Carlos Leñador. Alberto amosouse moi satisfeito á hora de facer un balance do seu paso polo Campionato de España. Neste senso, salientou o feito de que «en los 200 espalda quedé cuarto a pesar de ir con el decimotercer mejor tiempo, y en 200 braza sin casi haber preparado la prueba. Además, nunca nadé ni los 200 braza ni los 400 estilos en un Campeonato de España, y en todas las pruebas batí mis marcas personales».