El cronómetro | Ana López Incorporar ós discapacitados ó mundo laboral é unha das teimas da directiva de Amideza. Nese afán programan un curso de xestor de comercio
11 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.s. -Levan tempo traballando no tema... -Instalar quioscos na zona é un dos nosos proxectos. O de Silleda será axiña unha realidade. Engadir que os alumnos que superen con maior aproveitamento este curso que comezará en setembro poderán facer prácticas en empresas do sector comercio como fixeron algúns noutras ocasións na AED ou no Concello de Vila de Cruces. As prácticas permítenlles reforzar os coñecementos que foron adquirindo durante o curso. O de xestor de comercio durará 535 horas e tentaremos facilitarlle o transporte ós que non o teñan. -¿Terán actividades para os cativos? -Queremos ter con eles sesións de piscina e actividades de ocio.