Félix Mojón aproveitou un novo partido de Copa para probar ós seus xogadores máis novos, obtendo moi bo resultado. En concreto, unha victoria en casa ante o Teucro por 22-19. Cunha defensa en 3-2-1 de principio a fin, o Portadeza cadete masculino arrincou cun 3-0 (minuto 5), mais a lesión de Chechu, o seu home máis activo, axudou ó espertar do rival, que con tres contras igualou a contenda a 5 oito minutos despois. Con continuas rotacións dos seus xogadores en diferentes postos, Mojón conseguíu manter a igualdade ó descanso (9-9). Na reanudación, Sito, desde o posto de central, acentuou a efectividade ofensiva roxinegra xogando por detrás do avanzado da defensa en 5-1 do Teucro. O seu labor resultou todo un éxito, ó facilitar a estirada do Portadeza no marcador, con seis goles de ventaxa (20-14, min 16). Diego, cun par de tantos, evitou nos derradeiros minutos que a victoria correse perigo cando o cansancio se apoderou dos lalinenses. Roberto Porto e Borja foron, con oito e seis tantos respectivamente, os máximos goleadores locais. Este sábado, os rapaces de Mojón visitarán ó Novás, o seu antepenúltimo rival.