Once son os equipos de Segunda e de Terceira Rexional do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes que participarán nas Copas do Sar e do Deza. Ambas competicións arrincarán o 20 de abril, cuns emparellamentos decididos por sorteo o pasado venres na Delegación da Federación Galega. Na Copa do Deza, Lamela e Atlético Balouta, por un lado, e Rodeiro e Laro, polo outro, dirimirán os clasificados para enfrontarse, respectivamente, ó Donramiro e ó Vilatuxe nas semifinais. O partido da volta disputarase sete días despois, o domingo 27.Na Copa do Sar, a enorme cantidade de participantes, 67, obrigou a fixa-los cruces a partido único. Os equipos da zona quedaron emparellados na primeira eliminatoria da seguinte maneira: Silleda-O Pino; Belvís-Bandeira; Estudiantil-Milladoiro; Praíña-Piloño; e Ares-Sporting Estrada.