Os azulóns mídense ó segundo equipo menos goleado da Liga Rodrigo convoca a todo o plantel pero a maioría dos seus xogadores están moi tocados
07 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.? ?uarto pola cola da táboa, o Puertas Deyma non parece que vaia ser esta tarde (Coto Ferreiro, 19.30 horas) un rival doado para o Enredo Acibro. As quince derrotas acumuladas pola escadra visitante nas primeiras 21 xornadas de Liga ocultan a segunda mellor defensa da categoría con 65 tantos encaixados. Un apartado no que tan só é superado polo Avilés Hollywood, un dos destacados da clasificación. O grave problema do Puertas Deyma é o seu ataque, cun paupérrimo balance de 2,2 goles por enfrontamento. De aí que o adestrador estradense, Rodrigo Feijoo, aposte pola paciencia para levarse o choque. Neste senso, o preparador explica que «si el Puertas Deyma se pone por delante va a costar superarle, ya que se cerraría más y en algún contraataque nos podría hacer más daño. Si jugamos sin prisas el gol llegará para nosotros». O partido da primeira volta dálle a razón a Feijoo, cun marcador de 2 goles a 5 que reflectiron a diferencia de potencial entre un e outro rival. O Enredo acudirá á cita desta tarde con tódolos seus efectivos, agás coa case segura excepción de Garabal. Nembargante, que ninguén se chame a engano. A enfermería azulona está repleta, con case tódolos integrantes do plantel tocados en maior ou menor medida. Os que peor están son sen dúbida Míchel e Nikima, que mesmo quizais se vexan imposibilitados para xogar. Partido atrasado Por outro lado, a federación urxeu onte ó Enredo Acibro a fixar unha fecha xunto ó Peña Rachapedras para o partido cos debía ter enfrontado o 18 de xaneiro na Estrada. Feijoo aventuraba onte que o choque se disputará nuhs dez ou catorce días.