| O |
27 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.HAI COINCIDENCIAS que poden extrañar. Pero algunhas deixan de selo cando se coñece como sucederon. Isto é o que pasa coa solicitud de liñas de ADSL para Vila de Cruces. O BNG o mércores rexistrou unha moción no Concello solicitando que se reclamase a Telefónica a súa dotación no municipio. O alcalde, Jesús Otero, ó ver esta proposta da oposición lembrouse que en decembro, o día 10 exactamente, el enviou un escrito a empresa de telefonía reclamando esta mesma cousa e decidiu facer público o seu requerimento antes de que o Bloque o fixese. Sempre é mellor ser o primeiro portador da iniciativa, debeu pensar. En todo este asunto o importante é que se solucionen dunha vez por todas os problemas da telefonía. Pero a forma de desenvolverse os feitos non é das que senta cátedra. O alcalde tiña moi fácil evitar que esta xogada o salpicase. Con informar nun dos plenos que se celebrou ata o momento da solicitude -celebráronse varios- ou dando a coñecer previamente evitaría que o BNG se sentise un tanto utilizado ó ver o anuncio do requerimento xusto o día que eles tamén o fan no Concello. Como dirían moitos veciños: son cousas da política.