Compostela comparte protagonismo coas estrelas en «Trece badaladas»

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

DEZA

ÁLVARO BALLESTEROS

A película dirixida por Xavier Villaverde chega ás carteleiras de toda España O filme ofrece imaxes inéditas e familiares da cidade alonxadas do tópico e do cartel turístico

17 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A Compostela é un dos atractivos de Trece badaladas , a película dirixida por Xavier Villaverde a partir dunha idea orixinal do escritor compostelano Suso de Toro que se estreou onte no Auditorio de Galicia coa presencia de todo o equipo artístico e técnico do filme. Nesta longametraxe de misterio e tensión psicolóxica, que non de medo, Santiago é un escenario perfecto, ofrecendo de si mesma imaxes inéditas e familiares, pero que mostran unha cidade diferente, «ó servicio da historia e non do turismo», lonxe de tópicos. Non hai imposturas, agás a suplantación do interior da Catedral, ó único lugar no que non puideron rodar por que lle lo prohibiu a curia. Pero só os composteláns e poucos máis sabemos que a fantástica escaleira de caracol é do Museo do Pobo e non a que da acceso á Berenguela. O labirinto de rúas do casco antigo sobrecolle e contaxia a anguria do personaxe central, Xacobe (Botto), que confesou que o ambiente de chuvia e pedra «ayuda y predispone para esta historia». A única actriz galega do reparto, Rosa Álvarez, (Aura): «Non vai haber outra película que consiga o que Villaverde fixo con Compostela».