A comisión de festas de Lalín está a traballar arreo para que estes festexos sexan lembrados como uns dos mellores dos últimos anos
21 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O pobo de Lalín vístese de gala. As festas patronais, na honra á Virxe das Dores, continúan ata o vindeiro martes e a comisión organizadora está a traballar arreo. Moita actividade e poucas horas de lecer. -¿Unhas festas dirixidas a todo tipo de públicos? -A comisión así o estructuramos. Buscamos unhas boas atraccións que poidan gustar a todo tipo de público. Como sempre haberá persoas a quenes lles gusten e outros que critiquen o programa aínda que penso que son unhas das mellores festas da historia as que temos este ano. -¿Como se está a desenvolver a recaudación? -É o problema de tódolos anos. Temos cidadáns, empresarios, comerciantes e hosteleiros que colaboran coas festas e outros que non aportan nada. Invitamos ós particulares a que depositen os seus donativos nos botes instalados ó efecto nos establecementos comerciais. Algúns xa se recolleron pero a maioría permanecerán expostos nos comercios e nos bares ata despóis dos festexos. -¿Preocupa a climatoloxía? -Tódolos anos estamos preocupados polo factor tempo. Esperemos que as treboadas respeten as actuacións estelares e a xente poida tamén bailar porque temos orquestas de grande calidade. As bandas de música tamén farán a ledicia dos melómanos. -¿As atraccións no campo da feira están a levantar espectación? -Por primeira vez trouxemos a Lalín unha atracción chegada directamente dende Italia e que se presenta aquí por primeira vez en Galicia. É espectacular e moita xente está a facer cola para subirse na mesma. Boas festas para todos.