«As mulleres da parroquia están moi orgullosas de nós»

DEZA

As festas de San Campio de Merza, que se celebrarán o venres e o sábado, teñen á cabeza da súa comisión de festas a catro mulleres da parroquia

21 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Merza conta este ano cunha comisión de festas especial. É a primeira vez que os festexos da parroquia están organizadas soamente por mulleres. Trátase de Natalia, Paula, Mª Flor e Carmela, catro mozas de Merza que colleron as rendas da comisión pese as opinións reticientes dalgúns dos seus veciños. -¿Por quedecidiron poñerse ó frente da comisión de festas? -Estabamos nunha comida cos amigos falando de quen ía organizar as festas e nós dixemos que aínda íamos ter que ser as mulleres solas e ó final foi así. ­­-¿Como acolleron que estiverans mulleres soas na comisión os homes da parroquia? -Máis ou menos. Algúns animáronnos pero outros non estaban nada contentos. O máis importante é que as mulleres da parroquia están moi orgullosas de nós. -¿Entón colaboran con vostedes o resto das mulleres de Merza? Si, contamos coa súa axuda. De feito imos atender o bar só mulleres. -O que parece estrano é que nunca estiveran mulleres na organización, ¿Cal é o motivo? -É que as festas do San Campio sempre as organizaban os mozos que entraban en quintas. Agora que non hai mili tócanos o turno as mulleres. -¿Como vai a recaudación das cotas veciñais? -Ben, estamos aínda cobrándolle ós veciños. Ademáis tamos cartos da festa da Carixa, que tamén axudamos a organizala. -¿Que cartel de actuacións terá Merza? -O venres actuará a Banda de Merza pola mañá e á noite as orquestras Cinema e Foliada. O sábado estára tamén a Banda de Merza.