A prol de Galicia

La Voz

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

22 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

: DEZA E TABEIRÓS TEÑEN ESTE ANO UN MAIOR protagonismo na celebración do Día de Galicia. O domingo, o Concello de Lalín acolleu por primeira vez un acto institucional no que o alcalde leu un manifesto con referencias As Irmandades da Fala, a Castelao e quenes viven a data dende a diáspora. Crespo fixo un chamamento ó traballo en conxunto en prol do deseronlo de Galicia e apoiou o espíritu do seu discurso nunha frase do autor de Sempre en Galiza . «Afoguemo-las tristuras na esperanza, acabemos cos pesimismos e coa melancolía porque vale máis que morrer pola patria saber vivir para resucitala». : O BNG INSTOU Ó ALCALDE a seguir potenciando a conmemoración do Día de Galicia e éste xa anunciou que nos vindeiros anos programaranse actos durante varios días. Os nacionalistas anunciaron onte, durante a presentación dos actos do Día da Patria en Compostela, que tratarán de que os restantes concellos de Deza e Tabeirós-Montes tomen exemplo de Lalín e acepten a súa proposta de celebrar un acto conmemorativo. : ARREDOR DE CATROCENTAS PERSOAS conformarán a delegación das dúas comarcas que participarán o vindeiro xoves na manifestación convocada polo Bloque. O responsable comarcal da formación, Xesús Cordeiro , e a de organización, Carme Fidalgo , destacaron onte a diversificación de actividades programadas para celebrar o Día da Patria. Conferencias, presentación de libros de Manolo Rivas , Suso de Toro ou Uxío Novoneyra , así como o Festigal, que inclúe actuacións de Na Lúa, Liñaceira , Joao Afonso e Uxía entre otros, son algúns dos actos que acollerá a capital galega. : OS QUE TAMÉN SEGUIRÁN COAS ACTIVIDADES DE OCIO, neste caso co cine, son os veciños de Vila de Cruces. Esta noite, e no marco do programa de Cine na rúa, poderán ve-la película de ciencia ficción El regreso de la momia. Será ás dez e media da noite na Praza de Juan Carlos I. O ciclo, organizado pola concellería de Cultura, rematará o vindeiro martes, día 30 de xullo, coa proxección, á mesma hora e tamén na plaza, do filme Tomb Raider.