Seis xóvenes lalinenses xa formalizaron a súa anotación para desprazarse en xullo a Lalinde
10 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Seis xóvenes do municipio de Lalín, de entre 14 e 18 anos, xa confirmaron o seu desexo de tomar parte no Encontro de Xóvenes Europeos que se desenrolará do 15 ó 25 de xullo na cidade francesa de Lalinde, coa que Lalín está irmanada. Restan por cubrir catro prazas e os interesados aínda poden poñerse en contacto coa directiva da Asociación Cultural Cirla (Comité de Irmanamento de Lalín). Cada cinco anos, unha das cinco vilas dos Linden europeos (Alemania, Austria, Bélxica, Francia e Holanda) acolle a perto de sesenta mozos e mozas de 14 a 18 anos. Este verán, a vila anfitriona será a de Lalinde, onde os xóvenes tomarán parte nun apretado programa de actividades. Travesías en barca O aloxamento será en tendas de campaña no cámping de La Guillou e as ceas fáranse nas casas das familias de acollida. Os xóvenes europeos terán a oportunidade de facer pequenas travesías en barcas típicas da zona e coñecer o acantilado de Proumeyssac, Limeuil, duna do Pyla e tomar parte nun roteiro ecolóxico cun guía da Sepanso seguido dunha charla-coloquio. Os xóvenes dezanos que participen nesta experiencia viaxarán a Lalinde acompañados por algún membro da Asociación Cultural Cirla. A estancia en Francia está financiada polo que os mozos da zona que acudan a Lalinde só terán que pagar o billete de tren. Por outra banda, no vindeiro mes de agosto dous equipos integrados por dúas persoas do municipio de Lalín voltarán á vila francesa de Lalinde para participar nun encontro multiaventura. Para esta actividade concreta os participantes xa materializaron a súa anotación.