Vintedous itinerarios pola zona

AMELIA FERREIROA LALÍN

DEZA

ROMÁN GUTIÉRREZ

Luis Couto Lorenzo presentará o 27 de xuño no museo de Lalín a «Guía do Deza»

01 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O Concello de Lalín, a través da concellería de Cultura, desenrolará ó longo deste mes de xuño unha intensa actividade cultural na que sobresaen as representacións teatrais da Escola Municipal de Teatro que rematarán coa entrega de diplomas de ditos cursos o venres día 28, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal. Especial mención merece tamén a exposición de Soledad Pite Sanjurjo que se inaugurará o día 14 baixo o título de «Horizonte en tránsito» e a presentación do libro de Luis Couto Lorenzo, «Guía do Deza», no museo de Lalín o 27 de xuño. «Guía do Deza», do coruñés afincado na comarca Luis Couto Lorenzo, está publicada en Editorial Galaxia é como o seu título indica un percorrido polo Deza con vintedous itinerarios que pretenden axudar a descubrir esta rica comarca do centro de Galicia. O libro permite ó lector adentrarse nos seguintes itinerarios: Viaxe ó centro de Galicia (igrexas de San Miguel de Goiás e Pedroso), Ruta dos Cabaleiros (paseo polas carballeiras de Deza), Pico Farelo (San Martiño de Amarante e Aldea do Monte), Monte Coco (As neveiras do Candán, A Trigueira, Zobra e Bustelos), Oseira-Dozón (o camiño portugués de Oseira a Dozón), San Domingos Botos (o camiño portugués do Alto de San Domingos Botos), San Bieito do Candán e Grovas, O sobreirais do Arnego, Pazos e castiñeiros, Coto da Madanela, As ribeiras do Ulla, Monte Carrio, Serra do Faro, Val da Camba, Alto de San Sebastián, Da Ulla á Ulloa pola Ulla, Entre o Farelo e o Ulla, O nacemento do río Deza, Senda da Saleta, Sendeiro do Deza, Sendeiros das Cruces e, por último, o Sendeiro de Portodemouros.