Un paseo polo recordo de Cruces

DEZA

O Concello cruceño acolle unha exposición de 62 imaxes do municipio, dende o século pasado ata as máis actuais Momentos irrepetibles. De lecer. De disfrute coa familia. De traballo. Imaxes enviadas dende a emigración. A historia do século XX en imaxes dos veciños de Vila de Cruces, mistúranse con outras fotografías máis actuais e cargadas de humor e ironía. Todas elas participaron na primeira edición do Concurso Fotográfico organizado polo Concello e están expostas ata mañá no salón de plenos da Casa Consistorial. Os de máis idade que acudan a visita-la mostra reencontraránse con facianas do pasado, para os máis novos, supón un percorrido pola historia máis recente do seu municipio. Todo un paseo polo recordo.

25 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Os principios do século XX e do XXI mistúranse na mostra fotográfica. As vellas fotografías sacadas con motivos especiais mistúranse coas actuais, cando a cámara plasma calquera momento sen nengún motivo especial. Hai moitos exemplos de ámbolos dous casos, ata sumar máis de sesenta imaxes desta primeira edición dun concurso que pretende mostra-la historia do municipio dun xeito diferente. Entre as imaxes máis antigas destacan as que recollen ou se fixeron con motivo de alguna celebración ou festividade. Entre eles atópase a foto de familia reunida no ano 1920 con motivo dunha festa, un posado no medio rural ou a de dous noivos posando o día da voda a principios do século XX. Tamén hai imaxes de entroidos do ano 1960, da procesión con motivo da Festa da Piedade (1961) ou ben de tres veciños da localidade divertíndose fai anos baixo o título Vellas glorias de Vila de Cruces. Outras fotografías tamén antigas recollen espacios xa inexistentes, como a vella alóndiga que antes estaba situado en donde agora se ergue a Praza do Concello ou vellas rúas do casco urbán cruceño. Unha temática moi variada que supón recorda-lo pasado do municipio. Algunhas ata o contrapoñen, caso do poblado de Fontao cando se creou e na actualidade. Imaxe sobre lienzo As imaxes máis actuais teñen outro trasfondo. Así, a ironía mistúrase en algunhas como a da residencia da terceira idade baixo o título O escorial de Vila de Cruces, ou ben o humor da instantánea do can tirándolle polo rabo ó burro. Na mostra destaca un traballo singular: unha fotografía sobre lienzo, en onde a imaxe orixinal foi enviado dende a emigración. Esta primeira edición do concurso fotográfico foi gañado pola imaxe presentada por Ramona Collazo, na que aparece un can tirándolle polo rabo a unha burra. Recibirá 270 euros. En segundo lugar quedou a foto duns traballadores nas minas de Fontao, presentada por María Jesús Torres (150 euros). A terceira clasificada foi a imaxe dunha procesión do ano 1961, de Felicitas López (60 euros).