A parroquia lalinense de Vilatuxe e o Concello de Rodeiro organizan eventos dirixidos á mocidade
17 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Ás numerosas festas gastronómicas existentes na zona súmase a celebración de eventos lúdicos para os xóvenes. Festa da mocidade en Vilatuxe. A comisión de festas da parroquia lalinense de Vilatuxe celebra o día 26 de abril, a primeira Festa da mocidade. Comezará ás 22.30 horas e estará amenizada por Alkar e Master. Cuarta Festa da Xuventude en Rodeiro. A celebración dos festexos será o 27 de abril e os días 1, 3, 4 e 5 de maio. Esta festa abrirase coa celebración dunha proba do Campeonato Galego de Enduro o 27 de abril, ás dez da mañán, e haberá un campeonato de fútbol sala o día 1 de maio. O calendario de festas inclúe un concerto o día 3, ás 23 horas, dos grupos The Kambotes, San Kanuto, Brandián e Froitos do Deza. Seguidamente, ofrecerase ós asistentes unha degustación de chourizos, pan e viño. Sendeirismo pola ruta do Faro, parapente, motocross, manexo de tractores, xogos populares e baixada de carrilanas son as actividades programadas para os días 4 e 5 de maio. Na última xornada de festa, ás 12 da mañán, realizarase unha concentración de motos e coches antiguos e os bombeiros do Parque Intercomarcal de Deza e Tabeirós-Montes levarán a cabo un simulacro de accidente e rescate. Día no que haberá xantar popular consistente en empanada, coello asado, carne ó caldeiro e bica. O prezo será de 7 euros (1.165 pesetas) e as invitacións pódense retirar na Casa da Cultura. O Día da Música Pro-Arxentina, o 27 de abril. O acto será no auditorio da Semana Verde de Galicia e participarán dez grupos do municipio de Silleda.