«A campaña presenta novidades»

La Voz

DEZA

AMELIA FERREIROA XENTE NOSA Xosé Manuel Méndez, técnico de medio ambiente do Concello de Lalín O Concello de Lalín inicia a campaña «50.000 árbores fan un futuro máis verde» na que os lalinenses poderán mercar lotes de árbores e prantas. A concellería de Medio Ambiente segue ofertando prantas autóctonas e, este ano, como novidade poderanse mercar limoeiros, enebros e freixos. Dende esta semán as reservas de lotes estarán a disposición dos cidadáns nas distintas entidades bancarias e os prezos dos mesmos non sofren variación respecto ó pasado exercicio.

05 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Esta campaña é coñecida entre tódolos cidadáns. -Foi un acerto facela. Xa superamos a cifra marcada das 50.000 árbores e con ela promóvese a plantación. -¿Que variacións hai respecto ó ano pasado? -Seguimos con prantas autóctonas e as novidades serán os freixos para madeira que se poderán mercar e un limoeiro catro estacións. O lote de prantas ornamentais estará composto por un acibro que está protexido polo que é interesante promover a súa plantación, un rododendro, unha camelia, unha azalea xapónica de cor azul e un enebro. -¿Que se merca mais? -O lote de prantas é o segundo ano que se oferta pero tivo boa acollida o ano pasado. Ambos lotes son moi solicitados. As árbores non deixan de perder o seu interese e as prantas pódense poñer en macetas para os que non teñen un terreo. -¿Pódense adquirir varios lotes? -Os cidadáns poden mercar os que desexen. A campaña é só para os lalinenses ou persoas empadroadas aquí porque o Concello subvenciona o 50% da mesma.