AMELIA FERREIROA XENTE NOSA Javier López Caramés, membro da comisión organizadora da Feira da Matanza de Bandeira A localidade silledense de Bandeira celebra este domingo, a partires das once da mañán, a segunda Feira da Matanza na Praza da Feira Vella. Baixo unha carpa instalada ó efecto, haberá exposicións de productos típicos da matanza, fotos antigas e un cocido ó que se prevé asista un centenar de persoas. Os interesados en tomar parte nesta comida poden aínda retirar hoxe as súas tarxetas nos establecementos da vila. Unha das novidades da feira consistirá no sorteo dun porco.
28 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Tiveron que pasar case dous anos para que se voltase a celebrar a Feira da Matanza en Bandeira. -Débese a que as persoas que corrían coa organización da mesma xa non están no Concello e o tempo foi pasando... Este ano decidimos facela para que non se perda esta tradición. -¿Que tipo de exposicións haberá? -Contaremos cunha exposición de productos típicos da matanza e outra de fotos antigas. -¿Quenes cederon as fotografías? -Estamos aínda co proceso de recopilación das mesmas e foron aportadas por veciños de Bandeira. Xa dispoñemos dunha boa cantidade delas. -Exhibición do todo o proceso da matanza... -Na Praza da Feira Vella haberá unha vinte persoas que serán as encargadas de amosar todo o proceso da matanza e incluso haberá un grupo de mulleres facendo chourizos en vellas máquinas de madeira. Por outra banda, carniceiros da zona venderán tamén xamóns, lacóns e cachuchas e, este ano, sortearemos un porco.