«Esta provincia é a máis dinámica»

La Voz

DEZA

17 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

¿Como é que Baustista Álvarez non ecabeza a lista ourensana, onde naceu e onde se escapa o seu discurso, para poñer exemplos, cada dous por tres? «A miña vida política estivo moi ligada a Vigo», se defende. Tampouco quere ir máis aló, e se limita a citar algún episodio de «defensa das liberdades» que lle custou o seu paso pola cadea da rúa do Príncipe. En calquera caso, está contento de encabezar a lista do Bloque Nacionalista Galego por Pontevedra. «Teño que considerar a esta provincia como a máis dinámica de Galicia, porque aquí empezou un despegue económico importante co proceso de industrialización, vinculado fundamentalmente á pesca», apunta. Claro que agora, ó seu xuizo, as cousas non pintan tan bonitas para este sector básico da economía galega. Refírese tamén os asteleiros, o sector naval, para recoñecer que non teñen por que basear toda a súa producción necesariamente no sector pesqueiro. Pasa por riba da circunstancia de que o candidato á presidencia da Xunta polos socialistas, Emilio Pérez Touriño, concurra precisamente por Pontevedra. As referencias ó líder do PSdeG-PSOE son, fundamentalmente, para reclamarlle unha posición clara diante dos pactos antes de que teñan lugar as votacións do domingo.