Fefriga convida ós nenos a pintar prados e vacas

AMELIA FERREIROA LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

A Federación Frisona Galega convoca o primeiro concurso de pintura A Federación Frisona Galega, baixo o patrocinio de Xenética Galega e coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, convoca o primeiro Concurso de Pintura Fefriga 2001. Poderán participar neste concurso tódolos rapaces ata os dezaséis anos. O prazo de entrega de obras rematará o 7 de outubro e o primeiro premio consistirá nunha viaxe a Port-Aventura.

13 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Co gallo de achegar ós máis novos ó mundo agrogandeiro e conciencialos da importancia que ten para todos o sector primario, a Federación Frisona Galega convoca este concurso aberto ós nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. A temática dos debuxos que se presenten será relativa ó Sector agrogandeiro e a vida no campo. Cada participante poderá presentar, ata o 7 de outubro na sede de Fefriga, un só dibuxo ou pintura sobre cartulina, tea ou outro material similar. O xurado calificador, composto por cinco persoas, reuniráse o 10 de outubro e dará a coñecer o seu veredicto. O primeiro premio consistirá nunha viaxe a Port-Aventura para dúas persoas. Os outros agasallos serán tarxetas-regalos por importe de 25.000, 20.000. 15.000 e 10.000 válido para compra de material escolar ou deportivo en calquer centro de El Corte Inglés. Os premios entregaránse o día 13 no recinto Feira Internacional de Galicia e tódolos traballos serán expostos ó público.