ESPERA

La Voz

DEZA

MONTSE GARCÍA CONTRAPUNTO

01 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Carboeiro é un magnifíco imán de atracción de turistas para Silleda e forma, xunto coa Fervenza do Toxa, un punto de obrigada visita. Sen embargo, agora ámbolos dous están esperando o seu acondicionamento, cada un ó seu xeito. A fervenza de Pazos espera o arranxo do seu acceso. Pasou un verán máis, o segundo, sen que se acondicionase co conseguinte perxuizo para a imaxe que os turistas se levan debido as dificultades coas que se atopan para achegarse a este singular paraxe. O acondicionamento por parte de Medio Ambiente debe ser urxente. En canto a Carboeiro segue esperando pola súa rehabilitación integral. Cultura xa informou de que o proxecto estaba en marcha. O gran número de visitas que recibe demostra a súa capacidade de atracción. O que non é tan seguro é que facer un albergue, como proxecta a Xunta, no conxunto monacal convenza como mellor opción a tódolos turistas que disfrutan percorrendo e observando esta xoia arquitectónica de Galicia. Os guías deberían preguntarlle ós turistas que opinan desta finalidade.