SIMPLEMENTE REALIDADE

La Voz

DEZA

Chove fóra, na rúa, máis alá do meu campo de visión. Non é que sexa intuición. Seino porque tamén eu sinto cada puta gota de auga contaminada por sabe deus que no meu interior, porque noto como esas gotas coma puntas perfectamente afiadas caen de cheo no que me queda de corazón. E mentres, tentando permanecer allea a esta tarde plomiza e sumerxida en dolorosos recordos, sigo sentada no meu sillón, ollando a través da fiestra coa mirada perdida. (...) Cada intre é un mundo para min. Agora persisto moi viva, agora totalmente enterrada, fuxo dos meus pensamentos pero axiña me atormentan. Que ninguén me diga que volvo estar bébeda, só un pouco atontada. Tan pronto reacciono como perdo a cabeza. (...) A isto xa non lle vexo ningún sentido, perdín a noción de todo e nada, ando deambulando cara a non sei onde. (...) Quixera loitar e pregúntome: ¿Para que? (...) «O Real Madrid paga por Figo o mesmo que o Estado Español invierte en investigación contra o cancro en catro anos». Aínda lembro aquela bretemosa mañá na consulta do doutor, Recórdoo cunha amarga tristeza; aquelas palabras, a súa seriedade... (...) Señorita: os resultados das análises (...) non poden ser máis claros (...). Sinto ter que comunicarlle que padece vostede leucemia (...) Observei con mágoa o rostro desencaixado da miña irmá. Á pobre véuselle o mundo enriba cando o oncólogo non lle augurou moi boa sorte e lle informou que tería que probar coa quimioterapia, que non había outra solución. (...) E ela asumíao como o único sacrificio posible, calquera cousa con tal de poder voltar de xoldra cos amigos, ir ó instituto, ou simplemente pasear, como antes. Mentres, eu notaba resignada como pouco a pouco se ía transformando: a súa cabeza sen pelo, o que antes eran as súas poboadas cellas agora non eran máis ca un pequeno rastro grisáceo, a súa repentina sensibilidade...; cada vez aparentaba máis e máis fráxil. E como máis tarde, segundo ían aumentando as sesións de tratamento, o seu organismo perdía facultades. (...) Nunha desas rutinarias visitas de recoñecemento médico, o doutor espetoume que xa non se podía facer nada máis, que era inútil facela sufrir coa quimio e que podía ir pasar os seus derradeiros días á casa, na miña compaña e na dos seus colegas, a súa única familia; que o sentía, que non sei que e non sei que máis... (...) Naquel intre non sentín nada, quizabes polo calmante que me deran antes de recibir a noticia. Pasado o efecto do medicamento, a rabia invadíame, o pensar que os esforzos de todos eses meses resultaran en van, que miña irmá de todas formas ía acabar... como acabou. Decidín de inmediato trasladala ó noso apartamento aquel mesmo día. Non puiden evitar a emoción cando llo comuniquei, había tempo que non a vía tan leda. (...) E ó fin chegou o día previsto. Era unha mañá morna, e ela non se sentía demasiado ben. Sorprendeume que me pedise que lle acendese a radio, xa que rara vez a escoitaba. Obedecín (..) e observei como a face se lle ía palidecendo, como mareándose tentaba asimilar a deprimente nova que acababa de escoitar. Cerrou os ollos cuidadosamente, torceu a cara para que non a vise, e cun fío de voz díxome que nunca a olvidara (...) Entón esvarou pola súa meixela unha bágoa áceda (...), que foi percorrendo un breve traxecto ata os seus beizos.(...) Estraño ó meu irmán, preciso da axuda de mamá para que me calme a pena que durante 21 anos ninguén foi capaz de afogar nin siquera un pouco. Así que sigo esperando... ¿O que? Nin idea.