Música, cabalos e coches antigos

La Voz

DEZA

Vila de Cruces contará con un apretado programa de actos para esta octava edición da festa. Empezará o sábado cun concerto folk a cargo dos grupos Ruxe-ruxe e Cempés a partir das once da noite. O domingo a actividade comenzará coa Mostra Cabalar e unha concentración de coches antigos que partirá de Gres. Pola mañá tamén actuarán a banda Unión Musical Ponteledesma e o grupo A Roda, que estreará unha nova canción. O pregón, que empezará a unha e media da tarde correrá a cargo do presentador e actor, Sergio Pazos. Pola tarde terá lugar o Festival de Bandas de Galicia, que presentará Nieves Rodríguez. Actuarán a banda de música de Lalín, a Artística de Merza, a Sinfónica de Galicia e a Unión Musical de Lliria.